Skip to main content
Guitiriz

Guitiriz contará cun obradoiro de Coidados Compartidos

Por 10 Novembro, 2023Novembro 21st, 2023Sin comentarios

O Concello de Guitiriz abre o prazo para apuntarse ao obradoiro Cuidados Compartidos, un curso formativo organizado pola Federación de Alzhéimer Galicia a través da Afalu (Alzhéimer Lugo), dirixido a coidadores e coidadoras de persoas cunha demencia neurodexenerativa.

A actividade levarase a cabo os días 20 e 21 de novembro na Biblioteca Pública Municipal Casa Habanera en horario de 9:00 a 13:30 horas.

As persoas interesadas poden inscribirse ata o 16 de novembro nos Servizos Sociais municipais e no teléfono 982 370 109.