Skip to main content
As Pontes

As Pontes celebra o mércores o Día sen Alcol

Por 12 Novembro, 2023Novembro 21st, 2023Sin comentarios

O colectivo Adiante, Asociación de Alcohólicos Anónimos, celebra nas Pontes este mércores, 15 de novembro, o Día sen Alcol.

Tratáse dunha sesión ou faladoiro con persoas adictas e os seus familiares que ten como obxectivo amosar o traballo que realizan e tamén animar aos afectados a saír da súa situación de dependencia.

A sesión será ás 19.00 horas na Casa Dopeso.