Skip to main content
As PontesVilalba

“Ofrecemos un servizo completo de xestoría e administración de fincas”

Por 26 Novembro, 2023Novembro 27th, 2023Sin comentarios

A Xestoría Gayoso leva anos dando servizo en Vilalba e As Pontes, falamos con María Carmen Gayoso sobre os servizos que ofrecen.

Cando comeza a funcionar a Gestoría Gayoso?

A xestoría comeza a funcionar no ano 2002 en Vilalba, en principio como sociedade civil, que se separou no ano 2015, e a partir dese momento comecei eu soa. En xaneiro fará cinco anos que abrimos oficina nas Pontes porque xa tiñamos algún cliente desta localidade e decidimos abrir unha oficina pequena para poder dar un servizo próximo e así probar como podía funcionar. A verdade é que a xente respondeu moi ben ata o punto de que a oficina se nos fixo pequena e tivemos que cambiar de local, no que nos acabamos de instalar, en avenida de Galicia, 66, e en Vilalba estamos en rúa Benxamín Paz, 25, nun baixo.

Que servizos ofrecen?

Ofrecemos servizo de xestoría e de administración de fincas e encargámonos da administración de comunidades de propietarios. Dispoñemos dunha aplicación no móbil, un despacho 24 horas, onde se nos pode comunicar calquera incidencia e na que nós publicamos todo tipo de información da comunidade, que permite que todos os propietarios se manteñan informados puntualmente dende o móbil. No que se refire á xestoría, levamos todo tipo de trámites, tanto a particulares como a empresas. Xestións de vehículos, licenzas e autorización municipais, autonómicas ou estatais, impostos de sucesións e outros trámites xerais. Tamén facemos asesoramento a empresas e autónomos tanto a nivel contable, como laboral e fiscal.

Cal é o servizo ou servizos máis demandados?

Os servizos máis demandados son o asesoramento, fiscal no caso de particulares e de empresas, seguido do asesoramento contable e consultas en relación á Lei de Propiedade Horizontal nas Comunidades de propietarios. 

Canta xente forma parte da empresa?

Na actualidade estamos traballando seis persoas. É unha das ferramentas máis importantes da empresa e nese sentido teño moita sorte de contar cun persoal moi entregado á empresa e moi profesional. 

Cal é o principal trazo que caracteriza a Gestoría Gayoso?

Dende a nosa xestoría buscamos estar sempre moi actualizados no referente aos programas que utilizamos. A nivel empresa contamos cun dos mellores programas que hai actualmente no mercado; e a nivel comunidades a dixitalización a través da aplicación fai máis doada a relación dos propietarios que están fóra ao poder asistir a unha reunión on line. Estar sempre á última é unha das cousas ás que lle estou dando prioridade sen esquecernos de que segue a haber moita xente que non ten o mundo dixital tan accesible, polo que continuamos a enviar e dar acceso a toda a información tamén a través de papel. 

É fácil manter dúas oficinas abertas á vez?

Temos as dúas oficinas comunicadas en todo momento de maneira que contactando tanto con unha como con outra vaise obter unha solución. Intentamos dar o servizo coa maior brevidade posible, atender aos nosos clientes para que todos os seus problemas podan estar solucionados de maneira rápida e eficaz. Para nós é moi importante ofrecer un servizo personalizado, saber que calquera persoa pode acudir á nosa empresa e será atendida de forma individual e personalizada intentando solucionar o seu trámite o mellor e máis rápido posible.