Skip to main content
Vilalba

Teatro afeccionado este venres en Vilalba

Por 29 Novembro, 2023Sin comentarios

O Circuíto de Teatro Afeccionado impulsado dende a área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo chega esta semana a Vilalba.

O venres 1 de decembro, ás 20.00 horas, representarase no auditorio O velorio, de Borguete Teatro, unha adaptación da obra Os cravos de prata de Nicolás Belá, dirixida por Guillermo Cancedo.

Pat O’Connor é un terratenente enfermo que, nos seus aparentes derradeiros días de vida, planifica o seu propio velorio por todo o alto, sen ter en conta que tamaño estipendio podería supoñer o endebedamento da súa familia, a cal non está pola labor, e que desencadeará unha serie de situacións de difícil solución.