Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAViveiro

A programación do Outono Xove chega á Mariña

Por 10 Decembro, 2023Sin comentarios

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo onte coas mozas e mozos que participan no programa de actividades Outono Xove da Xunta de Galicia que teñen lugar na Mariña Lucense.

Cristina Pichel explicou que o obxectivo do Outono Xove, que este ano está a celebrar a súa terceira edición, é que a xuventude dispoña dunha ampla oferta de ocio formativo tamén durante esta época do ano. Esta iniciativa desenvólvese en oito albergues xuvenís da nosa comunidade.

A proposta No corazón da Mariña reúne aos seus participantes no campamento da Devesa (Ribadeo) e inclúe espeleoturismo na Cova do Rei Cintolo, rutas ambientais, observacións astronómicas, ou visitas ao Museo do Mar de San Cibrao e á praia das Catedrais, entre outras actividades.

No albergue xuvenil de Area (Viveiro) desenvólvese a proposta denominada Desconectados II, que inclúe roteiros de interpretación histórico—ambiental, accións de carácter social na contorna, sesión predeportiva e de team bulding na praia de Area con material de padle surf ou obradoiros artísticos, entre outras actividades.