Skip to main content
Lugo

O grupo Hipócrita Teatro pon en escena a comedia ‘Casting’ en Lugo

Por 23 Febreiro, 2024Sin comentarios

Este sábado 24 de febreiro, o grupo Hipócrita Teatro pon en escena unha nova proposta teatral. Trátase de ‘Casting’, unha comedia para público adulto que se poñerá en escena no escenario Hipócrita, na rúa Doutor Gasalla, a partir das 20.00 horas.

A proposta, na que participan Marta Arias, Natalia Fernández, María García e Juan Rivas, enmárcase no Circuíto de Teatro Afeccionado da Deputación de Lugo. Está dirixida por Elea López.