Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo levará ao próximo pleno unha pregunta para saber onde vai estar a nova comisaría da Policía Nacional

Por 24 Febreiro, 2024Sin comentarios

O Partido Popular de Lugo levará ao vindeiro pleno unha pregunta para clarificar onde decidiu o Goberno de Sánchez construír a nova comisaría da Policía Nacional.

Os populares piden concreción sobre a localización, lembrando que xa pasaron máis de dous meses da visita realizada polos técnicos do Ministerio para analizar as tres alternativas que había sobre a mesa: o edificio de obras públicas ou as parcelas municipais do Castiñeiro ou Abella.

“Se houbera unha vontade real e se para o Goberno local fose unha prioridade que Lugo teña unha nova Comisaría, debería estar xa tramitando a cesión da parcela municipal seleccionada”, explican.

Os populares xa amosaron a súa predisposición a calquera alternativa sempre que fose áxil á construción e cubrise tanto as necesidades da ciudadanía como dos axentes da policía, tal e como explicaron no pleno de novembro de 2023 na iniciativa que defenderon no pleno.

A proposta do PP en pleno incluía varias localizacións para construír a nova comisaría e isto “foi fundamental para conseguir que o Goberno local asumira o compromiso de construír esta dotación na zona norte”.