Skip to main content
Axenda SARRIAXAO Páramo

A parroquia paramesa de Friolfe organiza a súa primeira Festa da Xuventude

A parroquia e Friolfe, no Páramo, organiza a celebración da súa primeira Festa da Xuventude, motivados polo xa tradicional festexo desa mesma festividade no Concello todos os anos.

Así, esta iniciativa terá lugar o vindeiro 16 de marzo e reunirá a todos os veciños e veciñas que queiran participar para ter unha comida popular na que se inclúe empanada, troitas, churrasco, postre e café.

Ademais, durante toda a tarde estará o discomóbil DBC para amenizar a festa con música e haberá colchonetas para os máis pequenos.