Skip to main content
A Pobra do BrollónBóvedaO Incio

As zonas verdes dos concellos do Incio, Bóveda e A Pobra do Brollón son acondicionadas polo obradoiro dual de emprego

Por 22 Febreiro, 2024Febreiro 23rd, 2024Sin comentarios

O alumnado do obradoiro dual de emprego O Incio, A Pobra do Brollón e Bóveda segue realizando labores e traballos de mellora nos tres municipios da súa zona de actuación.

Así, a través de traballos de poda en diferentes espazos verdes do Concello do Incio e da Pobra do Brollón neste caso, contribúen a embelecer as zonas de paseo dos veciños e veciñas.

Ademais, estes días estiveron facendo tarefas de roza e poda nas inmediacións do Centro de Día e do albergue da Pobra do Brollón para permitir un mellor acceso dos cidadáns da vila a estes lugares.