Skip to main content
Lugo

Lugo conmemora o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Por 2 Abril, 2024Sin comentarios

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou nas actividades organizadas en Lugo pola Asociación Raiolas con motivo da celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Os actos arrancaron na Praza Maior coa lectura dun manifesto, e acto seguido realizouse un infinito humano coa axuda de usuarios e usuarias da entidade.

A Deputación de Lugo mantén unha colaboración anual con Raiolas de 22.000 euros para prestar atención especializada a un total de 65 persoas con TEA (Trastorno do Espectro Autista), e a 115 pais e nais. Ademais, a institución provincial cedeu gratuitamente a Raiolas o local da gardería do Campus de Lugo e financiou as melloras das instalacións para facer realidade o que é o actual Centro de Día para persoas con autismo. A institución provincial iluminará tamén esta noite de azul a fachada do Pazo de San Marcos para concienciar á cidadanía sobre o autismo.