Skip to main content
Burela

O Concello de Burela promove a lectura cun rastro de libros

Por 23 Abril, 2024Maio 1st, 2024Sin comentarios

O Concello de Burela celebra o Día do Libro este martes cun rastro de libros na praza da Mariña. A proposta terá lugar dende as 17.00 ata as 19.30 horas. A proposta está aberta a asociacións, tendas e persoas que queiran poñer á venda pezas para darlles unha segunda vida.

Ademais de trocar libros, tamén se poderán intercambiar opinións sobre as lecturas e coñecer a outras persoas coa mesma afección pola literatura.