GaliciaXa
Máis de 500 corredores participan na quinta proba do circuíto Entre Pontes en Pontevedra
Luis López completou os 10 quilómetros da carreira organizada pola Deputación, que esgotou as inscricións e incluíu tamén unha andaina e actividades infantís
Falece Santy López, o fotógrafo sarrián que converteu a cámara nunha forma de mirar a vida
O fotoxornalista deixa un legado de máis de 70.000 imaxes, unha traxectoria de máis de catro décadas e un testemuño persoal da súa enfermidade a través do libro ‘Vida de amor e enfermidade’
GaliciaXa
Oito GDR galegos reforzan o seu traballo no rural ante a nova normativa de alimentación colectiva
O proxecto «Comedores Responsables KM0» conecta desde 2025 produtores locais, empresas e colectividades para promover unha alimentación saudable e sostible
A ARMH organiza a segunda parte da Ruta da Memoria do 36 en Lugo con novos espazos da represión franquista
A visita estará coordinada polo investigador Miguel Freire Sitjas e contará coa participación de familiares de persoas represaliadas
O Belén de Begonte convoca os seus certames de Nadal de arte, poesía, xornalismo, debuxo infantil e audiovisual
Os prazos de presentación esténdense entre o 20 de decembro e o 6 de xaneiro e os premios entregaranse na cerimonia de clausura
Pontón pide concentrar o voto no BNG para evitar que Altri volva ser unha ameaza para A Ulloa
A portavoz nacionalista defendeu en Palas de Rei que a mobilización contra a macrocelulosa debe trasladarse ás urnas o 29N e reclamou unha voz forte en Madrid para Galiza
A III Carreira e Andaina Camiños da Vía Verde reúne a máis de 800 participantes entre Ordes e Oroso
A cita deportiva contou cunha carreira de 10 quilómetros, unha andaina de 5 e tres probas escolares, nunha xornada marcada pola chuvia
Rueda pide concentrar o voto do PP en Lugo para que Feijóo chegue á Presidencia do Goberno
O presidente do PPdeG visitou a feira de Chantada acompañado de Francisco Conde e José Manuel Barreiro e chamou a mobilizar os descontentos cos últimos oito anos de Goberno de Pedro Sánchez
O Simposio das Letras reivindica a permanencia da obra de Begoña Caamaño e abre novas vías para explorar o seu legado
O encontro organizado pola Real Academia Galega no MARCO de Vigo reúne unha ducia de voces para afondar na súa literatura, no seu xornalismo e na súa vida, e descubrir a autora que estaba a construír máis alá da reescritura dos mitos
Besteiro reivindica desde Pontedeume o multitudinario mitin do PSOE en Santiago e chama a votar para 'seguir avanzando'
O secretario xeral dos socialistas galegos percorreu a feira eumesa acompañado de candidatos e cargos do partido e asegurou que 10.000 persoas acudiron ao acto celebrado no Multiusos do Sar
Pontón chama a votar polo BNG para que Galiza gañe peso en Madrid e avance en dereitos
A líder nacionalista participou nun mitin en Soutomaior xunto a Carme da Silva, que reivindicou unha voz propia para defender os intereses galegos e reclamou solucións para o marisqueo e a N-550 en Arcade
Carracido volve situar O Porriño no mapa do xadrez galego co seu quinto Gran Prix
O torneo celebrarase o 28 de novembro, será válido para o Elo FIDE Blitz e repartirá 600 euros en premios
GaliciaXa
Forcarei celebrará o 5 de decembro a primeira Feira Monográfica da Castaña e do Souto
OURIZO nace como un punto de encontro arredor da castaña, do castiñeiro e do souto, elementos que forman parte da identidade galega
O Catálogo de Recursos Naturais de Galicia incorpora 65 novos produtos minerais nunha xornada celebrada en Ferrol
A Materioteca de Galicia, situada no CIS Ferrol, alberga xa un inventario de 190 materiais documentados, con mostras físicas de 36 das novas incorporacións
O BNG reclama forza nas Cortes para poder "enterrar definitivamente o franquismo"
Carme da Silva denuncia que a herdanza franquista segue incrustada nas institucións e compromete políticas valentes de verdade, xustiza e reparación
A Feira do Mel da Montaña reunirá as mellores producións da comarca este sábado no Viveiró
Abrirá ás 11.00 horas e contará con postos de venda de mel e doutros produtos de temporada e proximidade, entre eles sete postos de apicultores e apicultoras de Muras e da contorna
Pontón pide concentrar o voto de País no BNG para garantir unha vivenda digna aos galegos
A portavoz nacionalista defendeu en Ferrol políticas 'valentes' fronte ao PP e ao PSOE e anunciou que reclamará en Madrid o patrimonio de Defensa na cidade para destinalo a vivenda pública asequible
Eventos
GaliciaXa
A Xunta eleva ata case un millón de euros as axudas para paliar os danos causados polo lobo
Con este incremento, o Goberno galego pretende atender parte das peticións que quedaron pendentes debido ao aumento dos danos
GaliciaXa
Un equipo do CISPAC lanza unha maqueta virtual sobre a Galicia do futuro
O proxecto está promovido por persoal investigador USC e da UVigo
GaliciaXa
O programa +Emprega permitirá que 68 mozos da provincia teñan unha primeira experiencia laboral
O presidente da Deputación de Pontevedra sinalou que os contratos formativos terán unha duración dun ano a partir do 15 de xaneiro de 2027
A CIG reclama carga de traballo, investimentos e máis persoal para Navantia Fene
O sindicato denuncia a falta de encargos e de investimentos nas instalacións e advirte de que a situación actual compromete o futuro do estaleiro
O PPdeG denuncia a paralización da A-74 e acusa a Sánchez de "abandonar" A Mariña durante oito anos
Paula Prado critica que as obras sigan sen licitarse, o recorte do trazado e a falta de avances, mentres Francisco Conde e José Manuel Barreiro cualifican a autovía como un exemplo do atraso en infraestruturas na comarca
Besteiro destaca a actitude de Sánchez no debate e acusa a Feijóo de centrarse en desbancar o presidente
O secretario xeral do PSdeG animou a recuperar o tramo final do debate ao considerar que ese momento permitiu apreciar as diferenzas entre ambos os dous candidatos
Pedro Blanco agradece o traballo dos empregados públicos para a cita electoral
A Delegación do Goberno e as catro Subdelegacións avanzan na distribución de 31.519.545 de papeletas e 7.824 urnas en Galicia










