Mondoñedo inaugura As Quendas con certames morfolóxicos e degustacións

AMariñaXa

Mondoñedo inaugura as Feiras e Festas das Quendas, que teñen o 1 de maio como xornada central.

as_quendas
as_quendas
30 abr 2024

Mondoñedo inaugura as Feiras e Festas das Quendas, que teñen o 1 de maio como xornada central. A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora  coa Asociación As San Lucas, organizadora da feira, nas actividades ligadas á gandaría, como a Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar e Razas Autóctonas que comezará ás 9.00 horas no Campo da Feira, feira de gando tradicional, ao redor da que se articula a celebración, e na que participan gandarías da comarca e doutros puntos de Galicia.

O recinto tamén acollerá unha exposición de razas autóctonas, con exemplares de porco celta, cabalos de Pura Raza Galega e Galiña de Mos. Ademais, pola tarde, no recinto da granxa celebrarase un certame morfolóxico de Pura Raza Galega. Os produtos de razas autóctonas tamén estarán presentes na feira, coa degustación decarne de porco celta e de poldro nos locais de hostalería.

O pregón terá lugar a partir das das 21.00 no auditorio Pascual Veiga da man de Suso Robles. A verbena estará amenizada por Gran Parada e Grupo Beatriz. O programa continúa o mércores de 1 maio na que se celebrará a Feira de Gando e XL Festa da Empanada. O mércores organízase o concurso morfolóxico e o de andadura de cabalo marchador calego, mercado de produtos do campo e degustacións nos locais de hostalaría. Haberá sesión vermú e verbena coa orquestra Principal e concerto acústico de Emilio Rúa a partir das 20.00 horas no auditorio.

Daniel García felicitou á organización por “seguir impulsando unha feira que visibiliza a tradición gandeira do concello e da Mariña interior e pon en valor o traballo dos criadores e criadoras de gando cabalar, fundamental na conservación do territorio”.

Valorou tamén “o protagonismo das razas autóctonas e dos certames de Pura Raza Galega, que espertan un gran interese en todos os lugares en que se veñen celebrando da man de Puraga”. Os produtos de razas autóctonas tamén estarán presentes na feira, coa degustación de carne de porco celta e de poldro nos locais de hostalería. Ademais, haberá mercado de produtos tradicionais do campo e a XL Festa da Empanada.