Skip to main content
Castroverde

Máis de 260 persoas participan na proba de BTT A Fortaleza, en Castroverde

Por 20 Abril, 2024Sin comentarios

Máis de 260 persoas participaron na primeira edición da proba de BTT A Fortaleza, que se celebrou no concello de Castroverde co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A competición contou cunha proba de gravel de 68 quilómetros e 1.700 metros de desnivel e de dúas distancias máis de  50 quilómetros e 1.500 metros de desnivel e 30 quilómetros e 800 metros de desnivel.

Na proba, os participantes puideron percorrer e coñecer o patrimonio de Castroverde e pór en valor a súa historia. A deputada Iria Castro acompañou aos participantes desta proba que, no seu primeiro ano, superou as expectativas de participación e que introduce unha modalidade cada vez máis demandada e pouco habitual, como o gravel. A xornada remata cun xantar e música.