Skip to main content
GuitirizMurasXermade

Veciños de Xermade, Muras e Guitiriz viaxarán gratis a Santiago o Día das Letras Galegas

Por 21 Abril, 2024Sin comentarios

Co gallo dos seus 40 anos, o Centro Dramático Galego facilita un autobús gratuíto en varios concellos para acudir o venres 17 de maio ao teatro en Santiago de Compostela, a ver a representación de Os actos e as profecías.

Cada persoa participante deberá aboar a entrada ó teatro, que terá un custo de 3 euros.

Nesta caso compartirán o autobús os concellos de Xermade, Muras e Guitiriz. Previamente ó teatro, haberá tempo libre para gozar de Compostela.

O autobús sairá de Muras ás 10:00 horas e continuará recollendo en Xermade e Guitiriz. Está prevista a chegada a Santiago ás 12:00 horas, momento no que haberá tempo libre ata as 17:00, cando se fará a retirada de entradas no Salón Teatro. A representación está prevista para as 18:00 horas. Regresarase ás 20:30 horas.