Monterroso apoia ás deportistas locais

LugoXa

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, e o concelleiro de Deportes, Balbino Martínez, fixéronlles entrega ás xogadoras da Liga Galega de Fútbol Sala Feminino Monterroso S.

futbol_sala_monterroso
futbol_sala_monterroso
8 may 2024

O alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, e o concelleiro de Deportes, Balbino Martínez, fixéronlles entrega ás xogadoras da Liga Galega de Fútbol Sala Feminino Monterroso S.D. de cadansúa bolsa de deporte para que as acompañe nas súas próximas competicións e na que figura o escudo do Concello de Monterroso. No equipo, formado por catorce rapazas, hai unha delas que competiu ademais na Selección Galega (Leti) e dúas na Selección de Lugo (Neusa e Sofía). O Concello de Monterroso dálles os parabéns a todas elas pola súa tenacidade e por levar o nome de Monterroso alá onde xogan.