Cervo trasladou ao Seprona a aparición de varias troitas mortas no río Xunco

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, acompañados de técnicos municipais, desprazáronse esta mañá ata as inmediacións do Río Xunco en Cervo, onde puideron constatar en primeira persoa, e tras ser alertados por un veciño do lugar, a presenza de varias troitas mortas no seu curso.
asnosasmulleres
asnosasmulleres
28 ago 2020

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, acompañados de técnicos municipais, desprazáronse esta mañá ata as inmediacións do Río Xunco en Cervo, onde puideron constatar en primeira persoa, e tras ser alertados por un veciño do lugar, a presenza de varias troitas mortas no seu curso.

O último lugar no que se detectan os peixes mortos é na contorna da presa de Sargadelos; e nunha primeira análise queda descartado que a causa poida estar relacionada co funcionamento das depuradoras que operan na zona.

Desde o Concello xa puxeron en coñecemento do Seprona os feitos e agardan que desde o Servizo de Protección da Natureza poidan esclarecer canto antes a causa desta mortaldade.