Cinco viveirenses clasificaronse para o Campionato de España de Surf

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Cinco viveirenses clasificaronse para o Campionato de España de Surf, que se celebrará en Valdoviño esta fin de semana, e desexarlles o mellor dos resultados posibles nesta competición, convencidos de que poder participar nunha proba a ese nivel é xa, sen lugar a dúbidas, un motivo de orgullo e recoñecemento.
12311044_1048528861875474_6274515956547225280_n
12311044_1048528861875474_6274515956547225280_n
1 sep 2020

Cinco viveirenses clasificaronse para o Campionato de España de Surf, que se celebrará en Valdoviño esta fin de semana, e desexarlles o mellor dos resultados posibles nesta competición, convencidos de que poder participar nunha proba a ese nivel é xa, sen lugar a dúbidas, un motivo de orgullo e recoñecemento.

Así, David Guerreiro, Claudia Prieto, Jorge Guerreiro, Lucía Martínez e Chumi García recibiron unha sinceira noraboa por parte do Concello por "chegar ata aí e os nosos mellores desexos para esta fin de semana”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.

O Concello quixo felicitar tamén a Alex Seoane e Uxío Rodríguez polo seu gran traballo como profesores e agradeceu a súa labor como responsables do club, por potenciar este deporte no concello e levar o nome de Viveiro a competicións deste nivel.