A Escola Infantil Municipal comezará o novo curso o vindeiro luns, 7 setembro, con 35 alumnos, de 0 a 3 anos.">

A Escola Infantil Municipal de Cervo comezará o 7 de setembro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Escola Infantil Municipal comezará o novo curso o vindeiro luns, 7 setembro, con 35 alumnos, de 0 a 3 anos.
54436470_1664294030383499_439257987672965120_o
54436470_1664294030383499_439257987672965120_o
plosa2
1 sep 2020

A Escola Infantil Municipal comezará o novo curso o vindeiro luns, 7 setembro, con 35 alumnos, de 0 a 3 anos.

O rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, achegáronse ata as instalacións que alberga a Casa do Mar de San Cibrao para supervisar os traballos de que se están a acometer estes días e que inclúen ampliación e reposición do pavimento da zona exterior de xogos que pasará de ter unha superficie de 89 m² a 150 m².

Tal e como explicaron, dada a situación excepcional, tamén se reforzará o cadro de persoal con dúas educadoras de apoio, sumando un total de 10 profesionais.

O regreso ás aulas será graduado, tal e como vén sendo habitual cada inicio de curso, para favorecer a adaptación dos/das pequenos.

A Escola Infantil, con horario de mañá e tarde para favorecer a conciliación familiar, ten en total 54 prazas dispoñibles.

A delegación de Educación que dirixe Dolores García Caramés, estivo traballando durante estes meses, en coordinación co cadro docente, na preparación dos protocolos a seguir ante o COVID-19; e manterá un encontro esta tarde cos proxenitores das crianzas para informarlles de todo o relativo á volta ás aulas.