Achégase o Samaín e desde o Concello de Cervo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Achégase o Samaín e desde o Concello de Cervo preparan unhas propostas terroríficas para pasar un anaco divertido.
time conversion 3255133_1280 1 e1571729248721
time conversion 3255133_1280 1 e1571729248721
29 oct 2020

Achégase o Samaín e desde o Concello de Cervo preparan unhas propostas terroríficas para pasar un anaco divertido.

Así, haberá un concurso de narrativa e debuxo, dirixido a nenos de entre 3 e 15 anos. O prazo de participación está aberto ata o 31 de outubro e haberá que enviar os traballos a cervocultura@gmail.com. Haberá un agasallo para cada participante.

Tamén poderase participar nun concurso de Instagram Samaín para maiores de 16 anos no que haberá que compartir calquera publicación de terror co hashtag #samaincervo, mecionando a @cervocultura. Recomendan enviar a publicación cos teus datos a cervocultura@gmail.com. O prazo de participación está aberto ata o 1 de novembro.

Xa por último poderase desfrutar dunha película de terror, O alucinante mundo de Norman, para maiores de 7 anos. Esta proxección será o venres 30 ás 19 horas na casa da cultura. Lembran que a máscara é obrigatoria.