Skip to main content
Axenda Caducada

O Iescha convoca unhas novas xornadas museísticas

Por 16 Marzo, 2021Marzo 27th, 2021Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba, o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía (MUPAV), e a Asociación de Amigos do Museo de Vilalba, retoman as Xornadas Museísticas, que convocaran o 14 e 21 do mes de novembro pasado, e programan agora a segunda sesión que fora adiada por mor da pandemia.

Neste ocasión, será o sábado 27 de marzo, de 12:00 a 14:00 horas no salón de actos da Biblioteca Municipal de Vilalba. O programa consistirá nunha mesa redonda co título Museo de Arqueoloxía e Administración local a cargo de Aurora Balseiro García, directora do Museo Provincial de Lugo; Ángel Vilal Valdés, arqueólogo do Museo de Arqueoloxía de Asturias; Felipe Arias Vilas, arqueólogo e ex director do Museo do Castro de Viladonga, e Hugo Lozano Hermida, licenciado en Historia, especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía e membro da Asociación de Amigos do Museo de Vilalba.

Para poder cumplir da mellor maneira as medidas sanitarias derivadas da pandemia e poder organizar de xeito satisfactorio os aspectos derivados das linmitacións do aforo, abre hoxe e ata o xoves 25 do mesmo mes, inclusive, un período de preinscrición. Os interesados deberán remitir, ao correo do Iescha (estudoschairegos@gmail.com) o seu nome, apelidos e nº teléfono).

Darase prioridade a todas aquelas persoas que xa tiveran feito a preinscrición para a xornada adiada do 21-11-2020, que quedan automaticamente admitidas para esta (agás comunicación en sentido contrario).