Skip to main content
Axenda Caducada

Comeza a actividade cultural na Casa da Galbana

Por 26 Marzo, 2021Marzo 27th, 2021Sin comentarios

A Casa da Galbana de Friol, o hotel cultural situado na praza Andón Ferreiro que abriu as súas portas ao público o pasado mes de xaneiro, dará comezo á súa programación cultural este sábado, 27 de marzo.

Así, o colectivo Hipócrita Teatro presenta Hotel Desencanto, que poderá verse a partir das 19.00 horas, dirixido por Carlos Rebolo.

A representación teatral desenvolverase en todo o edificio, percorrendo os actores as propias habitacións.

Hotel Desencanto é unha peza de teatro contemporáneo que mestura comedia, drama e suspense.

A obra está estruturada en cinco escenas. A primeira serve de introdución e presentación dos personaxes e sitúa ao espectador no contexto onde se vai desenvolver a acción, oito hóspedes van chegando a un hotel onde os recibe un recepcionista que lles entrega as chaves das súas respectivas habitacións. As seguintes catro escenas ben puideran suceder de xeito simultáneo, aínda que ao espectador se lle presentan de forma secuenciada. Cada escena mostra o que acontece dentro dunha das habitacións. Cada escena é unha historia con principio e fin.