A federación de veciños de Lugo reclama melloras na rúa Doutor Balanzá

LugoXa
O colectivo veciñal insta ao Concello a reparar o estado do firme e das beirarrúas, por supoñer "un perigo para os viandantes"
rúa doutor balanzá lugo danos
rúa doutor balanzá lugo danos
10 mar 2021

A Federación de Asociacións de Veciños 'Lucus Augusti' insta ao Concello a executar melloras na rúa Doutor Balanzá, en San Roque. Denuncian o mal estado do firme e das beirarrúas, "con roturas e fochancas, o que se traduce nun potencial risco á seguridade dos peóns e viandantes".

Piden a renovación que se está levando cabo no tramo final da rúa, hacia a rúa Catasol, se estenda á totalidade do vial "na maior brevidade posible".

O colectivo veciñal considera que a rúa Doutor Balanzá presenta a día de hoxe "unha imaxe de completa deixadez" e solicitan que o seu arranxo se inclúa nos orzamentos municipais.