Skip to main content
Antas de UllaMonterrosoPalas de Rei

Os socialistas da Ulloa propoñen unirse para a promoción turística da comarca

Por 18 Marzo, 2021Sin comentarios

Os voceiros socialistas no cruce de Boa Vista, onde se unen os tres concellos

Os portavoces do PSOE nos concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei defenderán unha moción conxunta nos seus concellos na que proporán crear unha planificación común para a promoción e desenvolvemento turístico de toda a comarca da Ulloa.

Para elo, Pilar García Porto, Horario Rouco e Rafael García plantexan a creación dunha páxina web que difunda a oferta de actividades da comarca, así como a súa historia, cultura e gastronomía.

“Traballar pola promoción do territorio con proxectos vinculados ao eido turístico é importante para apoiar aos sectores económicos máis afectados pola pandemia, pero tamén é unha aposta de futuro para o rural porque a crise sanitaria fixo que o turismo de natureza como o que poden ofrecer estes concellos, estea en alza. Ter presencia con nome propio no mundo dixital é imprescindible hoxe en día. Neste momento débese ter altura de miras de cara ao futuro inmediato. Por eso, unha ferramenta moi importante é a promoción conxunta a enorme riqueza patrimonial, os atractivos e os establecementos turísticos e hostaleiros dos concellos que conforman A Ulloa”, explican.

Reclaman, de igual xeito, que se acorde un modelo de xestión da páxina web para que estea continuamente renovada e actualizada, ademais de apoiar os seus contidos a través das redes sociais, co fin de promocionar toda a zona como un único paquete turístico.