Xa se coñecen aos gañadores do certame das Letras Galegas de Burela

AMariñaXa
A Bibllioteca Pública de Burela publicou os gañadores do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2021 na súa fase local
premio libros narracion
premio libros narracion
19 may 2021

A delegación municipal de cultura a través da Bibllioteca Pública Municipal de Burela, ven de organizar o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2021, na súa fase local, no cal participaron todos os nenos do Concello sobre o tema O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural.(Art. 31 Convención sobre os Dereitos do Neno).

A entrega dos premios terá lugar o vindeiro xoves, 20 de maio ás 19:30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura de Burela. Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Nodal de Lugo.

Os gañadores nesta fase local foron:

Narracións categoría A, ata 8 anos

  • 1º premio:  Uxía Níñez Gómez. 8 anos. Ceip Vista Alegre.
  • 2º premio: Laura Balseiro Martínez. 7 anos. Ceip Virxe do Carme.
  • 3º premio: Sergio Cordido Souto. 7 anos. Ceip Virxe do Carme.

Narracións categoría B, 9-11 anos

  • 1º premio: Víctor López Pérez. 10 anos. Ceip Fondo Nois.
  • 2º premio: Rubén Alonso López- Leitón. 11 anos. Ceip Virxe do Carme.
  • 3º premio: Carme Alonso Fraga. 11 anos. Ceip Virxe do Carme.

Narracións categoría B, 12-16 anos

  • 1º premio: Ángel Blanco Santos. 12 anos. Ceip Virxe do Carme.
  • 2º premio: Manuel Armesto Trebolle. 12 anos. Ceip Virxe do Carme.
  • 3º premio: Hugo Domínguez Piñeiroa. 12 anos. Ceip Virxe do Carme.

Debuxo categoría A, ata 8 anos

  • 1º premio: Antón Abad Fraga. 7 anos. Ceip Vista Alegre.
  • 2º premio: Jaime Louzao Yáñez. 8 anos. Ceip Virxe do Carme.
  • 3º premio: Aldara Níñez Gómez. 4 anos. Ceip Vista Alegre.

Debuxo categoría B, 12-16 anos

  • 1º premio: Jimena Domínguez . 9 anos. Ceip Vista Alegre.
  • 2º premio: Lorena Rancaño Alonso. 11 anos. Ceip Virxe do Carme.
  • 3º premio: Antía Rodríguez Mon. 11 anos. Ceip Virxe do Carme.