Skip to main content
Axenda Caducada

Mañá se fará a homenaxe a Varela Veiga no Ceip Insua Bermúdez

Por 1 Maio, 2021Maio 2nd, 2021Sin comentarios

Ex alumnos e profesores do Ceip Insua Bermúdez de Vilalba celebrarán finalmente este domingo, 2 de maio, ás 12.00 horas, a homenaxe ao que foi o primeiro director do centro, José Antonio Varela Veiga, que morreu o pasado mes de outubro en Lugo. Unha comisión quere lembrar o seu paso polo colexio, e para iso colocarán un monolito nos xardíns do coloxio nun acto simbólico.

O monolito conmemorativo foi elaborado polo artesán chairego Marcos Ladra en pedra de granito provinte das canteiras de Parga. No acto está previstas tamén unhas palabras de lembranza á figura de Varela Veiga por parte dos organizadores. O grupo chairego de música tradicional Buxos Verdes amenizará o acto.

A homenaxe está sufragada polas aportacións feitas por antigos alumnos e profesores do centro, que chegaron a sumar 1.647 euros.