Skip to main content
Axenda Caducada

Recollida de plásticos de silos na parroquia guitiricense do Buriz

Por 7 Maio, 2021Maio 19th, 2021Sin comentarios

O Concello de Guitiriz por en marcha a recollida de plásticos de silos porta a porta na parroquia do Buriz. A recollida será na explotación que o solicite o 19 de maio.

Os usuarios que interesen a recollida de plásticos de silo deberán de poñerse en contacto co teléfono 982 370 109 antes do 14 de maio, onde será anotada a solicitude e pasarase a recoller nos días seguintes, segundo a ruta que lle corresponda, e baixo os seguintes condicionados:

Os plásticos deberán estar depositados en dúas moreas por tipo (plásticos -cor branca ou negra- de embolar por un lado e plástico de silo fixo ou trinchera por outro), nun lugar de fácil acceso para o vehículo de recollida, sen atrancos que a entorpezan ou ralenticen e dentro da explotación. Non se poderán depositar en bens de uso ou dominio público, lembrando a prohibición de depositalo nos contenedores de lixo ou ao seu carón.

Os plásticos deberán ir limpos de terra (só plásticos de silo, non se aceptarán nin cordóns, nin garrafas, nin calquera derivado da actividade agrícola).