World Aviation celebra unha reunión sobre drones o vindeiro 27

LugoXa
O vindeiro día 27 de maio ás 19:00 horas, a escola oficial de pilotos World Aviation celebrará unha reunión de Zoom.
cartel drones
cartel drones
21 may 2021

O vindeiro día 27 de maio ás 19:00 horas, a escola oficial de pilotos World Aviation dende a área de Drone Division celebrará unha reunión de Zoom para resolver tódalas dúbidas sobre os pasos para converterse en piloto profesional de drons.

Durante a charla, instructores cualificados da escola expoñerán os temas máis relevantes do sector.

Tralo rexistro, soamente hai que esperar ao día 27 para recibir un mail co link de acceso.