Renovación nos colectores soterrados de recollida en Monforte

RibeiraSacraXa
José Tomé anunciou a posta en marcha dun plan que supón a renovación dos colectores soterrados para a recollida selectiva de residuos.
basura monforte
basura monforte
14 may 2021

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de anunciar a posta en marcha nestes días dun plan que supón a renovación dos colectores soterrados para a recollida selectiva de residuos na cidade do Cabe.

En concreto, “trátase da renovación dos colectores soterrados destinados a recollida selectiva e que están ubicados en 11 puntos da nosa cidade, a través da implantación de 36 novos colectores de carga superior, que suporán un incremento na capacidade total de recollida de 19.000 litros, e para o que se destina unha inversión de case 240.000 euros (239.170,74 €)” destaca o rexedor municipal.

O desenvolvemento deste plan de mellora é froito das negociacións do Alcalde, José Tomé Roca, coa empresa FCC Medio Ambiente, e que supuxeron a renovación do contrato con esta empresa para a recollida e transporte de residuos urbanos e limpeza viaria do municipio.

Esta nova mellora no servizo de recollida selectiva de residuos engádese a outras actuacións postas en marcha dende principios deste ano 2021, logo das negociacións entre o rexedor municipal e FCC, e que supuxeron a renovación de 297 papeleiras da cidade, por 43.938 euros, a instalación en todo o Concello de 3.880 novos cubos e colectores de lixo, cunha inversión total de case 299.000 euros (298.817,59 €), ou a adquisición de 10 vehículos e 16 equipos e maquinaria de limpeza, cunha inversión de case 915.000 euros (914.611,38).

O Alcalde subliña que “con esta nova actuación que supón a renovación e mellora da capacidade dos colectores soterrados da nosa cidade, alcanzamos os 1,5 millóns de euros (1.496.537,71 €) en melloras desenvoltas polo Concello de Monforte no servizo de limpeza viaria e recollida de lixo na cidade”.

Implantación de 36 novos colectores en 11 ubicacións da cidade

O total de colectores de carga superior que se renovarán será de 36. Elo conlevará tamén un aumento significativo na capacidade de carga dos mesmos, concretamente en 15.000 litros máis no caso do papel/cartón e 4.000 litros máis no caso dos envases. En total, dos 98.000 litros de capacidade total que teñen estas 11 áreas de contedores soterrados, aumentarase ata os 117.000 litros de capacidade.

Os traballos deron comezo estes días e se prolongarán durante varias semanas.

Necesidade da renovación de colectores soterrados para a recollida selectiva

As agrupacións de colectores soterrados existentes na cidade combinaban sistemas de recollida por carga superior e carga traseira o cal provocaba que para a recollida da mesma fracción, por exemplo papel/cartón, tiveran que pasar pola mesma ubicación dous equipos para facer a mesma recollida, facendo o servizo menos eficiente.

Do mesmo xeito, outro aspecto importante que o Concello considerou necesario mellorar foi ó relativo ó estado de conservación dos colectores e o mantemento dos sistemas existentes. Pese o seu mantemento de xeito regular, as estruturas dunha boa parte dos colectores non se atopaban nun estado óptimo, xa que os gases emitidos polos residuos, as lixivia dos e o paso do tempo provocan corrosión nos elementos metálicos.

Nas reunións mantidas entre o Alcalde e os responsables de FCC, considerouse tamén a necesidade de mellorar a seguridade dos equipos. Cando se produce a elevación dos colectores, principalmente no que se refire ós de carga superior, o fosos onde se sitúan os colectores quedan abertos, co perigo de poder sufrir caídas en altura, tanto para operarios como para usuarios. Adecuar e homologar os equipos con mecanismos requiriría igualmente dunha serie de obras que suporán inversións de certa importancia.

Por estas razón, acordouse unificar os sistemas de recollida, cambiando os colectores de carga traseira a carga superior, empregando un sistema no que a propia grúa do camión eleva o conxunto buzón-colector, eliminando sistemas hidráulicos de elevación existentes.  E do mesmo xeito, aproveitaranse os fosos existentes, adaptando os colectores ás dimensións actuais, minimizando desta maneira a obra civil.

Finalmente, destaca tamén o cambio na estética dos colectores. Os buzóns, que son os elementos que se poden visualizar dende o exterior, serán totalmente renovados. Igual que ocorre no caso da renovación das papeleiras levado a cabo a principios de ano, este cambio mellorará de forma importante o aspecto urbano da cidade, transformando as zonas onde se sitúan nunhas contornas máis modernas e amigables co usuario.