Chega ao Ateneo a presentación do libro de Xurxo Souto

RibeiraSacraXa
Mañá sábado, 15 de maio, as 12:30 horas, chega outra cita cultural ao Ateneo coa presentación do libro Pangalaica. Recortes poderosos.
Pangalaica ateneo
Pangalaica ateneo
14 may 2021

Mañá sábado, 15 de maio, ás 12:30 horas, chega outra cita cultural ao Ateneo coa presentación do libro Pangalaica. Recortes poderosos (Editorial Galaxia) a cargo do seu autor, Xurxo  Souto. 

O libro é unha recompilación de artigos publicados en Nós Diario que recollen historias e persoas que Xurxo foi coñecendo dende que, hai trinta anos, comezou a percorrer o país co primeiro disco dos Diplomáticos de Monte-Alto, Arroutada Pangalaica

O evento é  de entrada libre con previa reserva no teléfono 648 435 033 (preferiblemente por WhatsApp).

ateneo presentacion libro