Skip to main content
Uncategorized @gl

Continúa o descenso de positivos por covid

Por 15 Maio, 2021Maio 20th, 2021Sin comentarios

Continúa o descenso de casos activos mentres se controla a hospitalizacións.

Así, este sábado hai A provincia de Lugo encara a fin de semana cunha importante baixada de casos activos, aínda que non en cantidade si é importante porque descenden 182 casos activos, 14 menos que onte, cando na xornada anterior a baixada foi de 8.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 11 casos novos (onte foron tamén 11). As altas chegaron ás 11.222, 225 en 24 horas, o día anterior foron 22.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.623 casos rexistrados e 214 persoas falecidas.

Nos hospitais segue habendo dúas persoas na UCI de Lugo e 8 ingresados en planta (1 menos), 5 están no Hula (1 menos), 1 en Burela e 2 Monforte.

O sistema de alertas, que está establecido en 4 niveis, queda deste modo:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. A Pastoriza e Chantada.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

A situación continúa mellorando en todas as comarcas. Unha excepción é Chantada.

A Mariña

  • Incidencia leve en Burela e Foz. Únese Mondoñedo.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, O Valadouro, A Pontenova, Riotorto, O Vicedo, Xove, Barreiros, Cervo, Trabada e Lourenzá.
  • Sen casos novos na última semana están Ribadeo, Viveiro e Alfoz.

Terra Chá

  • A Pastoriza segue en alerta media e con incidencia.
  • Guitiriz, Xermade, Vilalba e As Pontes teñen tamén casos, por debaixo de dez, e con incidencia leve.
  • Meira e Friol están sen casos en 7 días. Únese Cospeito.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Abadín, Muras, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei. Únese Castro de Rei.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen baixando. Son 58 (7 menos).
  • Monterroso volve a ter tras semanas limpo.
  • Levan unha semana sen casos Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Palas. Únese O Corgo.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Navia, Portomarín, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Castroverde, Pedrafita, As Nogais, Baralla e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

  • Láncara e Sarria teñen casos pero con baixa incidencia.
  • O Páramo leva sen positivos unha semana.
  • Triacastela, O Incio, Samos e Paradela seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Chantada segue con 25 casos e seguirá en alerta media.
  • Carballedo, Folgoso, Taboada, Monforte e Sober teñen casos pero con incidencia leve.
  • Pantón ten elevada a incidencia pero non chega aos dez casos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, A Pobra de Brollón e Quiroga.