Skip to main content
Axenda Caducada

Mañá entrégase o premio de investigación Hume

Por 10 Xuño, 2021Xuño 11th, 2021Sin comentarios

A Asociación de Estudos Históricos e Sociais celebra mañá, venres 11 de xuño, a entrega do Premio do V Certame de Investigación Hume.  A cita terá lugar ás 20.00 horas e seguiranse no actos os protocolos covid. Neste acto tamén se presentará o número 13 da revista.

A doutora en arquitectura Alberta Lozano Aspres foi a gañadora da V edición do Premio de Investigación Hume, convocado pola asociación pontesa. O traballo premiado foi A evolución do espazo arquitectónico nas escolas da emigración no Concello das Pontes de García Rodríguez.

O xurado salientou a valía da súa investigación ao redor da orixe, a historia, a evolución e a reforma das cinco escolas habaneiras do municipio.

O segundo premio foi para o arquitecto e doutor en Historia da Arte José Manuel Yáñez, recoñecido xa en dúas ocasións, que lle deu forma á investigación Capelas, ermidas e santuarios. Arte relixiosa en lugares de devoción popular no Concello das Pontes de García Rodríguez, xunto aos arquitectos técnicos Silvia Monzo e Diego Veiga.

Dende a asociación organizadora destacan que por primeira vez se lle concede un galardón, neste caso un accésit, á investigación dun pontés. O delineante Javier Barcón foi merecedor desta distinción pola “calidade excepcional do traballo” Descubriendo la iglesia de Santa María de la Luz, no que achega interesantes datos sobre a iconografía ou as vidreiras da igrexa do Poboado das Veigas.