Skip to main content
Uncategorized @gl

Soben de novo os casos activos de covid pola falta de altas

Por 13 Xuño, 2021Xuño 14th, 2021Sin comentarios

Tras cinco días consecutivos nos que o número de casos activos de covid na provincia mantívose en 208, este domingo os rexistros da Xunta de Galicia afirman que hai 216 casos activos, 8 máis que onte, dato elevado debido á escaseza de altas para compensar os novos contaxios.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 17 casos novos (onte foron 19). As altas chegaron ás 12.601, 8 en 24 horas, cando onte foron 19.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.038 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense, con catro persoas ingresadas no Hula, unha na UCI (había 2) e tres en planta (había 2). Os outros dous hospitais seguen limpos de covid.

Os cambios de restricións por concellos están do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Viveiro e Xove.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

A covid centralízase na vilas grandes, subindo en Lugo e Sarria e manténdose no resto con casos residuais. Viveiro segue no camiño do descenso de positivos.

A Mariña

  • Viveiro reduce a 16 contaxios (2 menos).
  • No Vicedo comeza a baixar a incidencia coas altas e seguen por debaixo de 10 positivos.
  • Xove xa está con incidencia baixa, ao igual que Burela.
  • Foz, Ribadeo, O Valadouro, Cervo e Alfoz están sen casos na última semana.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Trabada, Lourenzá e Mondoñedo.

Terra Chá

  • Vilalba e Friol teñen casos pero con baixa incidencia. As Pontes e Abadín volven ter casos.
  • Outeiro de Rei mantén 11 contaxios pero con incidencia baixa.
  • Meira non tivo casos na última semana.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, A Pastoriza, Xermade, Pol, Guitiriz e Begonte. Únese Cospeito.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben 6 ata 82.
  • O Corgo leva xa unha semana sen casos novos. Únese Palas.
  • Portomarín e Castroverde teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Monterroso e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • Sarria sobe a 14 casos de covid pero mantén a incidencia baixa.
  • Paradela teñen casos pero con moi baixa incidencia e menos de dez.
  • Triacastela suma unha semana sen casos.
  • Samos, O Páramo, Láncara e O Incio seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte, Chantada e Taboada teñen casos pero con incidencia leve.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo, Sober, Pantón e A Pobra de Brollón. Únese Quiroga.