Skip to main content
Uncategorized @gl

Brusca caída de casos activos de covid con numerosas altas

Por 14 Xuño, 2021Xuño 15th, 2021Sin comentarios

A provincia comeza a semana cun descenso de casos activos tras varios días de contención por riba dos 200 casos. Hoxe son 199, 17 menos que onte, tras sumar numerosas altas poucos contaxios novos.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 4 casos novos (onte foron 17). As altas chegaron ás 12.622, 21 en 24 horas, cando onte foron 8.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.042 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria aumenta algo, con 6 persoas ingresadas no Hula, dúas na UCI (había 1 onte) e catro en planta (había 3 onte). Os outros dous hospitais seguen limpos de covid.

Os cambios de restricións por concellos están do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Viveiro e Xove.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Xornada de actualización de casos, con descensos xeralizados en todas as comarcas, especialmente na Mariña, onde estaba máis alto aínda que mantén a Xove e Viveiro en alerta media.

A Mariña

  • Viveiro reduce a 14 contaxios (2 menos).
  • Xove xa está con incidencia baixa, ao igual que Burela.
  • Ribadeo, O Valadouro, Cervo e Alfoz están sen casos na última semana. Únese O Vicedo.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Trabada, Lourenzá e Mondoñedo. Únese Foz.

Terra Chá

  • Vilalba, Friol, Abadín e As Pontes teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Outeiro de Rei mantén 11 contaxios pero con incidencia baixa.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, A Pastoriza, Xermade, Pol, Guitiriz, Begonte e Cospeito. Únese Meira.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo reducen en 1 ata 81.
  • O Corgo e Palas levan xa unha semana sen casos novos.
  • Portomarín e Castroverde teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Monterroso e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • Sarria ten 14 casos de covid pero mantén a incidencia baixa.
  • Paradela teñen casos pero con moi baixa incidencia e menos de dez.
  • Triacastela suma unha semana sen casos.
  • Samos, O Páramo, Láncara e O Incio seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte e Taboada teñen casos pero con incidencia leve.
  • Chantada leva xa unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo, Sober, Pantón e A Pobra de Brollón. Únese Quiroga.