Skip to main content
Uncategorized @gl

Continúa o descenso de casos activos de covid

Por 20 Xuño, 2021Xuño 21st, 2021Sin comentarios

A covid continúa en recesión na provincia de Lugo con dez casos activos menos este domingo. Así, son 154, un descenso moi similar ao de onte, que foi de 11 menos.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 7 casos novos (onte foron 5). As altas chegaron ás 12.717, 17 en 24 horas, cando o día anterior foron 15.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.092 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe nun caso con 4 persoas ingresadas no Hula, 1 na UCI e tres en planta (unha máis). Os outros dous hospitais seguen limpos de covid.

A provincia non ten concellos con restricións, mentres que no resto de Galicia son só tres, dous na provincia da Coruña e outro na de Pontevedra.

POR COMARCAS

Xornada de tránsito co virus controlado en todas as comarcas. Algún concello declara casos novos pero illados e controlados.

A Mariña

  • Foz e Trabada teñen algún caso pero con baixa incidencia.
  • O Vicedo, Viveiro, Burela e Xove están sen casos na última semana.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, O Valadouro, Cervo e Alfoz.

Terra Chá

  • Vilalba, Begonte, Cospeito, Friol, Guitiriz e A Pastoriza teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Outeiro de Rei leva unha semana sen casos novos. Únense Abadín e As Pontes.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, Xermade, Pol e Meira.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen baixando ata 82 (5 menos).
  • Castroverde segue en valores de alerta extrema con 11 positivos.
  • Palas e Portomarín teñen positivos pero con baixa incidencia. Únese Monterroso
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e O Corgo.

Comarca de Sarria

  • Sarria baixa a 11 casos (2 menos) pero mantén a incidencia baixa.
  • Láncara volve ter casos pero con baixa incidencia tamén.
  • Paradela levan unha semana sen casos.
  • Samos, O Páramo, Láncara e O Incio seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas. Únese Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Folgoso do Courel ten algún caso pero con baixa incidencia.
  • Chantada, Taboada e Monforte levan xa unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Carballedo, Sober, Pantón, A Pobra de Brollón e Quiroga.