Skip to main content
Uncategorized @gl

Aumenta o número de concellos con casos de covid, aínda que con incidencia baixa

Por 21 Xuño, 2021Sin comentarios

O descenso da covid fréase pero continúa a súa marcha. Así, este luns hai 151 pacientes con infección activa, 3 menos que onte, cando nos últimos días os descensos foron de 10 e 11 casos.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 9 casos novos (onte foron 7). As altas chegaron ás 12.729, 12 en 24 horas, cando o día anterior foron 17.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.101 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense con 4 persoas ingresadas no Hula, 1 na UCI e tres en planta. Os outros dous hospitais seguen limpos de covid.

A provincia non ten concellos con restricións, mentres que no resto de Galicia son só tres, dous na provincia da Coruña e outro na de Pontevedra.

POR COMARCAS

Este luns deixa máis concellos con casos covid, aínda que cunha incidencia moi baixa na práctica totalidade de eles, agás Castroverde e Portomarín, con valores moi altos e Trabada, que sobe.

A Mariña

  • Foz ten algún caso pero con baixa incidencia. Súmanse Cervo e A Pontenova.
  • En Trabada sobe a incidencia, aínda que con valores fóra de alerta.
  • Viveiro, Burela e Xove están sen casos na última semana.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, O Valadouro e Alfoz. Súmase O Vicedo.

Terra Chá

  • Vilalba, Begonte, Cospeito, Friol, Guitiriz e A Pastoriza teñen casos pero con baixa incidencia. Únese Pol e Meira.
  • Outeiro de Rei, Abadín e As Pontes levan unha semana sen casos novos.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei e Xermade.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen baixando ata 76 (6 menos).
  • Castroverde segue en valores de alerta extrema con 12 positivos (un máis). Súmase tamén Potomarín, que aumenta a incidencia.
  • Palas e Monterroso teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e O Corgo.

Comarca de Sarria

  • Sarria segue con 11 casos pero mantén a incidencia baixa.
  • Láncara tamén ten casos e con baixa incidencia.
  • Paradela levan unha semana sen casos.
  • Samos, O Páramo, Láncara, O Incio e Triacastela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Folgoso do Courel ten algún caso pero con baixa incidencia.
  • Taboada e Monforte levan xa unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Carballedo, Sober, Pantón, A Pobra de Brollón e Quiroga. Únese Chantada.