Skip to main content
Uncategorized @gl

Volven aumentar os casos activos de covid e as hospitalizacións

Por 22 Xuño, 2021Xuño 23rd, 2021Sin comentarios

A caída da covid na provincia volve ter un revés cun aumento de casos activos na xornada de hoxe, que chegan a ser 161, dez máis que onte. O descenso no día anterior foi de 3 casos.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 16 casos novos (onte foron 9). As altas chegaron ás 12.735, 6 en 24 horas, cando o día anterior foron 12.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.117 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe a 5 persoas ingresadas no Hula, 1 na UCI e catro en planta (1 máis). Os outros dous hospitais seguen limpos de covid.

A provincia non ten concellos con restricións, mentres que no resto de Galicia son só tres, dous na provincia da Coruña e outro na de Pontevedra.

POR COMARCAS

Similar situación á de onte coa covid con presenza en máis concellos, agás no Sur, pero con baixa incidencia. Con valores de alerta están os concellos de Castroverde e Portomarín.

A Mariña

  • Con algún caso activo e baixa incendiencia están Foz, Cervo, A Pontenova e Trabada. Súmase Burela
  • O Vicedo volve ter casos cando levaba xusto unha semana sen contaxios novos.
  • Xove están sen casos na última semana.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, O Valadouro e Alfoz. Súmase Viveiro.

Terra Chá

  • Vilalba, Cospeito, Friol, Guitiriz, A Pastoriza, Pol e Meira teñen casos pero con baixa incidencia. Únese Castro de Rei.
  • Abadín e As Pontes levan unha semana sen casos novos. Únese Begonte.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei e Xermade. Únese Outeiro de Rei.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo repuntan ata 79 (3 máis).
  • Castroverde segue en valores de alerta extrema con 12 positivos. Súmase tamén Potomarín, que seguen cunha incidencia moi elevada.
  • Palas e Monterroso teñen positivos pero con baixa incidencia. Súmanse O Corgo e Guntín.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • Sarria suma un positivo máis e xa son 12 pero mantén a incidencia baixa.
  • Láncara tamén ten casos e con baixa incidencia.
  • Paradela levan unha semana sen casos.
  • Samos, O Páramo, O Incio e Triacastela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Folgoso do Courel ten algún caso pero con baixa incidencia.
  • Taboada e Monforte levan xa unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Carballedo, Sober, Pantón, A Pobra de Brollón, Quiroga e Chantada.