Skip to main content
Uncategorized @gl

O descenso de positivos leva a unha nova baixada de casos activos

Por 7 Xuño, 2021Sin comentarios

A covid continúa reducindo a súa incidencia, con 16 casos activos menos o que supón un total de 224, unha baixada moi superior á de onte, que foi de 5 casos só.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 7 casos novos (onte foron 15). As altas chegaron ás 11.522, 23 en 24 horas, mentres que o día anterior foron 19.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.967 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria continúa estable. Seguen 2 persoas ingresadas na UCI do Hula e hai 6 nas diferentes plantas, 3 están no Hula, 1 en Burela e 2 en Monforte.

Os cambios de restricións por concellos están do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Viveiro.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Xove, Vilalba e Monforte.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Os gromos deixar de ter forza na Mariña e nas vilas de Vilalba e Monforte, que están en alerta. Preocupa a incidencia no Vicedo, Outeiro de Rei e Triacastela.

A Mariña

  • Caen os contaxios en Viveiro ata 28, 13 menos.
  • No Vicedo aumenta a incidencia aínda que por debaixo de dez casos.
  • Xove e Ribadeo teñen 11 positivos.
  • Incidencia tamén leve en Burela, Cervo, o Valadouro, Alfoz e O Vicedo.
  • Mondoñedo está sen casos na última semana. Únese Foz.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Trabada e Lourenzá.

Terra Chá

  • Vilalba continúa con 12 casos.
  • Outeiro de Rei chega aos dez casos con incidencia alta.
  • Abadín ten alta a incidencia pero segue por debaixo de dez.
  • As Pontes, Begonte e Cospeito non tiveron casos na última semana. Únese Meira.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, Friol, A Pastoriza, Xermade, Pol e Guitiriz.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben a 63.
  • Palas e O Corgo volven ter casos pero con baixa incidencia.
  • Navia de Suarna, Portomarín e Castroverde levan unha semana sen positivos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Monterroso.

Comarca de Sarria

  • Sarria ten casos pero con moi baixa incidencia.
  • Triacastela continúa cunha incidencia elevada.
  • Samos, Paradela, O Páramo, Láncara e O Incio seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte baixa a 13 (3 menos) positivos en 15 días.
  • Chantada ten positivos pero con incidencia leve.
  • Taboada, A Pobra de Brollón e Quiroga levan unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo, Sober e Pantón.