Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos activos redúcense de novo ata os 200

Por 8 Xuño, 2021Xuño 9th, 2021Sin comentarios

A covid continúa reducindo a súa incidencia ao mesmo ritmo, con 16 casos activos menos o que supón un total de 204, unha baixada igual á de onte.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 6 casos novos (onte foron 7). As altas chegaron ás 11.545, 23 en 24 horas, as mesmas que onte tamén.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.974 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria continúa estable. Seguen 2 persoas ingresadas na UCI do Hula e hai 6 nas diferentes plantas, 3 están no Hula, 1 en Burela e 2 en Monforte.

Os cambios de restricións por concellos están do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. Viveiro.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Xove, Vilalba e Monforte.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Continúa a mellora nas comarcas reducindo especialmente a situación na localidades máis afectadas. Triacastela, Outeiro de Rei e Vicedo seguen con valores moi elevados.

A Mariña

  • Viveiro estabilízase en 28 contaxios.
  • No Vicedo segue alta a incidencia aínda que por debaixo de dez casos.
  • Xove ten 11 positivos e tamén alta a incidencia.
  • Poucos casos tamén en Burela, Cervo e Alfoz.
  • Mondoñedo e Foz está sen casos na última semana. Únense Ribadeo e O Valadouro.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Trabada e Lourenzá.

Terra Chá

  • Vilalba reduce a 11 casos (1 menos).
  • Outeiro de Rei segue subindo ata 11, cun caso máis e incidencia alta.
  • Abadín reduce a incidencia e segue por debaixo de dez casos.
  • As Pontes, Begonte, Cospeito e Meira non tiveron casos na última semana.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, Friol, A Pastoriza, Xermade, Pol e Guitiriz.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen en 63.
  • Palas e O Corgo volven ter casos pero con baixa incidencia.
  • Portomarín e Castroverde levan unha semana sen positivos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada e Monterroso. Únese Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • Sarria ten casos pero con moi baixa incidencia.
  • Triacastela continúa cunha incidencia elevada.
  • Samos, Paradela, O Páramo, Láncara e O Incio seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte baixa dos dez positivos en 15 días.
  • Chantada ten casos pero con incidencia leve. Únese de novo Taboada.
  • Quiroga leva unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo, Sober e Pantón. Únese A Pobra de Brollón.