Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos activos de covid mantéñense por terceiro día consecutivo

Por 10 Xuño, 2021Xuño 11th, 2021Sin comentarios

O número de casos estáncase na provincia en 208, por terceiro día consecutivo e malia que a hospitalización sobe lixeiramente ao igual que os novos contaxios, os datos son optimistas.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 11 casos novos (onte foron 7). As altas chegaron ás 12.564, 12 en 24 horas, cando onte foron 7.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 12.993 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe lixeiramente. Seguen 2 persoas ingresadas na UCI do Hula e hai 5 nas diferentes plantas (1 máis), 3 están no Hula (1 máis), 1 en Burela e 1 en Monforte.

Os cambios de restricións por concellos quedarán dende o sábado do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Viveiro e Xove.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Sen cambios na situación nos concellos, que melloran día a día.

A Mariña

  • Viveiro reduce a 26 contaxios (1 menos).
  • No Vicedo segue alta a incidencia aínda que por debaixo de dez casos.
  • Xove ten 10 positivos (1 menos) e reduce a incidencia nos últimos 7 días.
  • Poucos casos tamén en Burela e Alfoz.
  • Foz, Ribadeo e O Valadouro están sen casos na última semana. Únese Cervo.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Trabada, Lourenzá e Mondoñedo.

Terra Chá

  • Vilalba baixa dos dez casos e Friol ten casos pero con baixa incidencia.
  • Outeiro de Rei mantén 11 contaxios e incidencia alta.
  • As Pontes, Begonte, Cospeito e Meira non tiveron casos na última semana. Únese Abadín
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, A Pastoriza, Xermade, Pol e Guitiriz.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben 2 ata 67.
  • Palas e O Corgo volven ter casos pero con baixa incidencia. Únese Portomarín.
  • Castroverde leva unha semana sen positivos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Monterroso e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • Sarria ten casos pero con moi baixa incidencia.
  • Triacastela continúa cunha incidencia elevada.
  • Samos, Paradela, O Páramo, Láncara e O Incio seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte, Chantada e Taboada teñen casos pero con incidencia leve.
  • Quiroga leva unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo, Sober, Pantón e A Pobra de Brollón.