Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid segue estable unha xornada máis

Por 11 Xuño, 2021Xuño 12th, 2021Sin comentarios

O número de casos segue estancada na provincia en 208, por cuarto día consecutivo coa hospitalización tamén estable e o número de novos contaxios controlado.

Diagnosticaron nas últimas 24 horas 12 casos novos (onte foron 11). As altas chegaron ás 12.574, 10 en 24 horas, cando onte foron 12.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.003 casos rexistrados e 216 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense. Seguen 2 persoas ingresadas na UCI do Hula e hai 5 nas diferentes plantas, 3 están no Hula, 1 en Burela e 1 en Monforte.

Os cambios de restricións por concellos quedarán dende o sábado do seguinte xeito:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500.
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Viveiro e Xove.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

POR COMARCAS

Xornada de estabilidade coa Mariña mellorando a situación dos gromos e reducindo a incidencia en todos os concellos de forma paulatina.

A Mariña

  • Viveiro reduce a 21 contaxios (5 menos).
  • No Vicedo segue alta a incidencia aínda que os contaxios non aumentan e seguen por debaixo de 10.
  • Xove baixa dos 10 positivos e reduce máis a incidencia acumulada en 7 días.
  • Poucos casos tamén en Burela.
  • Foz, Ribadeo, O Valadouro e Cervo están sen casos na última semana. Únese Alfoz.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, A Pontenova, Riotorto, Barreiros, Trabada, Lourenzá e Mondoñedo.

Terra Chá

  • Vilalba e Friol teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Outeiro de Rei mantén 11 contaxios e incidencia alta.
  • Cospeito, Meira e Abadín non tiveron casos na última semana.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Rábade, Castro de Rei, A Pastoriza, Xermade, Pol e Guitiriz. Únense As Pontes e Begonte.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben 2 ata 69.
  • Palas, O Corgo e Portomarín teñen casos pero con baixa incidencia. Únese Castroverde.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Guntín, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Monterroso e Navia de Suarna.

Comarca de Sarria

  • Sarria ten casos pero con moi baixa incidencia. Únese Paradela.
  • Triacastela continúa cunha incidencia elevada.
  • Samos, O Páramo, Láncara e O Incio seguen limpos de covid dende fai dúas semanas polo menos.

Ribeira Sacra

  • Monforte, Chantada e Taboada teñen casos pero con incidencia leve.
  • Quiroga leva unha semana sen positivos.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Folgoso, Carballedo, Sober, Pantón e A Pobra de Brollón.