Julio Delgado pecha a súa etapa adestrando as Guerreiras Laranxas

AMariñaXa
O técnico Julio Delgado pecha a súa etapa liderando as Guerreiras Laranxas tras 6 tempadas de ouro e 12 títulos.
Supercopa Femenina_Burela vs Poio_Julio Delgado (1)
Supercopa Femenina_Burela vs Poio_Julio Delgado (1)
1 jul 2021

O técnico Julio Delgado pecha a súa etapa liderando as Guerreiras Laranxas tras 6 tempadas de ouro e 12 títulos. O salmantino, xa de adopción mariñá, finaliza contrato co Pescados Rubén Burela FS e tomarase un descanso á fronte dos bancos despois da intensidade destes anos nos que o equipo brillou dentro e fóra de España conquistándoo todo. 

Julio Delgado despídese deixando o Pescados Rubén Burela FS no mellor momento da súa historia con 9 títulos consecutivos, como actual campión de Liga, Copa de S. M A Raíña, Supercopa de España, 4 Nations Futsal e Copa Galicia, ademais de ser recoñecido nos Futsalplanet Awards como Mellor Club Feminino e segundo Mellor Adestrador Feminino. 

Jornada 12_Burela vs Mostoles (21 03 2021)_Julio Delgado (3)