Skip to main content
Axenda Caducada

Monforte acolle un espectáculo de danza o venres

Por 14 Xullo, 2021Xullo 16th, 2021Sin comentarios

O vindeiro venres 16 de xullo ás 20.00 horas, a praza da Compañía de Monforte acollerá un espectáculo de danza dentro do programa PROPulsa.Danza+Paixase+Patrimonio 2021, organizado no marco do Xacobeo 2021-2022, xestionado pola AGADIC e coa colaboración do Concello de Monforte.

Este programa ten por obxectivo poñer en valor e unir a riqueza patrimonial e paisaxística de Galicia coa danza e artes do movemento, e para elo mestura danza, patrimonio e paisaxe en espazos singulares de 27 localidades galegas durante os meses de xullo e agosto, buscando novas experiencias e achegando ao público unha nova forma de ver a danza.

Propulsa contará con preto de 74 funcións conformadas por pezas de danza profesional que se escenificarán na rúa, en espazos singulares ó aire libre.

En Monforte, terase a oportunidade de ver as seguintes compañías de danza, coa produción da Companhia Paulo Ribeiro: La Macana co espectáculo Keep Going; Janet Novás con FeeLings; Säo Castro e António M Cabrita con Um solo para a sociedade.

A entrada é gratuita e estará limitada ata completar a capacidade do recinto debido á actual situación sanitaria.