Skip to main content
Axenda Caducada

Torneo de Xadrez no museo pazo de Tor en Monforte

Por 17 Xullo, 2021Xullo 31st, 2021Sin comentarios

A Rede Museística Provincial de Lugo programa nestas datas de verán diferentes obradoiros e actividades para os máis cativos e cativas, coas que se poderán disfrutar do aire libre e do tempo de lecer. Así mesmo, gracias a elas, os participantes poderanse achegar un pouco máis a coñecer os catro museos que conforman a Rede Museística Provincial de Lugo que este ano está de 15º aniversario.

Neste caso, o museo pazo de Tor, en Monforte de Lemos, acollerá o II torneo de Xadrez Pazo de Tor. A data na que se levará a cabo será o 31 de xullo e comezará a partir das 16.30 ata as 19.45 aproximadamente.

Así pois, os participantes terán que pasar durante diferentes rondas ao longo da tarde. A primeira ronda será ás 16.40 horas; a segunda ás 17.15 horas; a terceira ás 17.50 horas; a cuarta ás 18.25 horas e, finalmente, a quinta será ás 19 horas.

A continuación, despois de celebrar a última ronda, será a entrega de trofeos.

Para máis información ou para calquera dúbida, o contacto da Asociación Galega de Axedrecistas é o 981 150 168 ou o 608 084 705.

As inscricións realizaranse exclusivamente a través da plataforma educativa da Rede Museística Provincial. Aí atoparán os cuestionarios para inscribir aos nenos e nenas nas actividades da súa escolla.