Skip to main content
Axenda Caducada

A Casa do Mel de Goente inicia un curso apícola de perfeccionamento

Por 22 Xullo, 2021Xullo 28th, 2021Sin comentarios

A Casa do Mel de Goente, nas Pontes, continuará co seu programa de accións formativas cun curso de perfeccionamento á apicultura.

O curso conta con 15 prazas e inclúe contidos tanto teóricos coma prácticos sobre sanidade apícola, cría de raíñas ou a formación
de núcleos. Tamén tratarán sobre as probas de selección, abordando conceptos coma a calma, a mansedume, a limpeza, a produtividade, a realización dos test de varroa ou o xeito correcto de recoller mostras para envialas ao laboratorio.

O terá lugar do 28 de xullo ao 1 de agosto e desenvolveranse en horario de tarde, de 16.30 a 21.30 horas. Para inscribirse ou solicitar máis información pódese chamar ao teléfono 661.00.36.16 ou remitir un correo a casadomel@vodafone.es.