Skip to main content
Axenda Caducada

As actividades fluviais do domingo trasládanse ás piscinas de Sete Muíños

Por 30 Xullo, 2021Agosto 1st, 2021Sin comentarios

As actividades fluviais gratuítas do vindeiro domingo 1 de agosto, previstas para Parga, realizaranse finalmente na piscina fluvial de Sete Muíños de Guitiriz. Tobogáns, kaiaks, paddle surf e rocódromos acuáticos, son algunhas das actividades das que todos os nenos e nenas que o desexen poderán disfrutar. O horario no que se levará a cabo será de 16 a 19 horas e os participantes contarán con monitores especializados, que lles ensinarán e cos que farán as diferentes actividades dispoñibles.

Levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes -distancia de seguridade, desinfección, grupos reducidos, etc-. Desta maneira, os nenos e nenas maiores de 6 anos gozarán dunha tarde de río diferente, fresca e amena; na que se poderán xuntar veciños, veciñas e visitantes da vila.