Comeza o plan integral de limpeza dos barrios en Casás e Abella

LugoXa
O obxectivo desta plan é unificar os esforzos e os recursos municipais por contornas e mellorar, así, o acondicionamento da cidade.
limpeza barrios lugo
limpeza barrios lugo
4 jul 2021

O plan de concentración de dispositivos municipais para abordar, dunha maneira integral, a limpeza dos barrios de Lugo chegará o luns, día 5, aos barrios de Casás e Abella, despois de finalizar no barrio de Castiñeiro.  

O obxectivo desta plan é unificar os esforzos e os recursos municipais por contornas e mellorar, así, o acondicionamento da cidade, sen descoidar o labor ordinario que se leva a cabo diariamente. Para iso, actúa barrio por barrio un amplo operativo integrado polas empresas encargadas da limpeza urbana, do mantemento das zonas verdes e a revisión dos parques infantís, apoiados polas brigadas municipais. 

O edil Miguel Fernández, indicou que o luns o operativo iniciará os labores en Casás e Abella, traballos que abranguen, de forma simultánea e coordinada, a roza - tanto de vías como de predios municipais - o varrido mixto das rúas e bordos, a limpeza dos sumidoiros e dos colectores así como dos bancos e resto do mobiliario urbano con máquinas a presión que tamén se empregarán na eliminación de graffiti, o baldeo das rúas e perfilado do céspede. “Tamén se desherbaran os camiños interiores das zonas verdes e colocarase planta con flor, alén de limpar e amañar os alcorques das árbores e de podar sebes e arbustos”, incidiu Miguel Fernández. 

Ademais, procederase á limpeza da rede de sumidoiros e o desherbado de rúas e roza dos soares municipais, complementando esta acción cos 341 expedientes tramitados por  acumulación de maleza en predios particulares aos propietarios que non están a cumprir coa súa obriga de mantelos en bó estado, “tramitándose nos barrios e Casás e Abella un total de 16”  apuntou o edil. 

Unha vez finalicen as tarefas de limpeza nestes barrios, procederase a traballar en A Residencia, Gándaras, Sagrado Corazón e Galegos.