Skip to main content
Muras

Volven os cursos de astronomía a Muras

Por 2 Xullo, 2021Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Os cursos e actividades de observación astronómica para nenos e pais volven a Muras este sábado 3 de xullo cunha xornada de observación de ceos.

Esta terá lugar na noite do 3 ao 4 de xullo no Viveiró, concretamente no cámping de caravanas.

A actividade dará comezo ás 20.00 horas coa distribución da acampada para iniciar a primiera charla ás 21.00 horas a cargo de Marcos López Alonso, que falará de telescopios, posta en estación e fotografía astronómica.

Ás 22.00 horas terá lugar o tempo para a cea, e na que cada un terá que levar os seus alimentos pero a organización subministra mesas e sillas para tal fin.

A segunda charla dará comezo ás 23.00 horas para falar sobre contemplación dos ceos, impartida por Paulino Gasalla. A actividade rematará ás 1.00 horas pero os que o desexen poderán quedar ata o día seguinte na acampada cando se subministrará un almorzo por xentileza do Concello de Muras.