Skip to main content
Uncategorized @gl

Nova xornada de aumento de casos activos de covid

Por 6 Xullo, 2021Xullo 7th, 2021Sin comentarios

A covid segue impoñendo o seu crecemento a unha provincia que suma hoxe 20 casos máis ata 284, cando a xornada anterior o aumento foi de 24. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 27 casos novos (onte foron 34 e o día anterior 14), e as altas chegaron ás 12.878 (7 nun día), o día anterior foron 10.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.384 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria seguen en 4 persoas ingresadas. No Hula hai 1 na UCI e 2 en planta, e Monforte segue con 1 enfermo ingresado.

O Comité clínico mantén a Castroverde en alerta media e a Sarria en alerta alta.

POR COMARCAS

As incidencias melloran nos concellos pequenos pero a situación segue a empeorar en Sarria e Lugo.

A Mariña

  • Con algún caso activo e baixa incidencia están Foz, Viveiro, Ribadeo, A Pontenova, Cervo e Lourenzá. Únese Xove.
  • Burela fai unha semana que non ten contaxios novos. Únese O Vicedo.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Mondoñedo, O Valadouro, Alfoz e Trabada.

Terra Chá

  • Cospeito, Castro de Rei, Vilalba, Meira, As Pontes e Rábade teñen casos pero con baixa incidencia. Únense de novo Friol e Begonte.
  • Outeiro de Rei leva unha semana sen casos novos. Únese A Pastoriza.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Xermade, Abadín, Guitiriz e Pol.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben a 93 (9 máis).
  • Portomarín, Guntín, O Corgo e Palas teñen positivos pero con baixa incidencia.
  • Castroverde leva unha semana sen casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Antas de Ulla, Pedrafita, As Nogais, Baralla, Ribeira de Piquín, Becerreá, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Monterroso.

Comarca de Sarria

  • O gromo en Sarria segue descontrolado al alza. Xa son 68 positivos (4 máis), co concello en alerta alta e subindo a incidencia a niveis de máxima.
  • Láncara e Triacastela teñen moi alta a incidencia.
  • Samos, O Páramo, O Incio e Paradela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Sober e Taboada reducen a incidencia.
  • Monforte, Carballedo e Quiroga teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Chantada continúa con 16 contaxios pero segue coa incidencia baixa.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, O Saviñao, Pantón, A Pobra de Brollón e Folgoso do Courel.