Skip to main content
Uncategorized @gl

Novo impulso da covid na provincia con 38 casos activos máis en 24 horas

Por 8 Xullo, 2021Xullo 9th, 2021Sin comentarios

A covid continúa unha xornada máis sumando casos de forma preocupante. Así, este xoves son xa 38 casos máis que onte ata os 352 casos activos contabilizados. Cabe destacar que a subida na xornada anterior foi de 30. Diagnosticaron nas últimas 24 horas 47 casos novos (onte foron 43 e o día anterior 27), e as altas chegaron ás 12.900 (8 nun día), o día anterior foron 14.

A escaseza de altas e o aumento de casos novos impide conter as cifras.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 13.474 casos rexistrados e 217 persoas falecidas.

A presión hospitalaria aumenta nun caso con 5 persoas ingresadas. No Hula hai 1 na UCI e 3 en planta; ademais dun hospitalizado en Monforte.

O Comité clínico pola súa banda levantou as retricións a Castroverde pero mantén a Sarria en alerta alta. Estes cambios entrará en vigor na madrugada do venres ao sábado.

POR COMARCAS

Sarria e Lugo continúan sumando positivos e cada vez hai máis concellos con polo menos un caso aínda que coa incidencia controlada. Só preocupa en Lourenzá, Castro de Rei, Triacastela e Carballedo.

A Mariña

  • Con algún caso activo e baixa incidencia están Foz, Viveiro, Ribadeo, A Pontenova, Cervo e Xove.
  • Lourenzá eleva a súa incidencia malia non chegar a 10 contaxiados.
  • Burela e O Vicedo fai unha semana que non teñen contaxios novos.
  • Sen casos novos máis de 15 días están Ourol, Riotorto, Barreiros, Mondoñedo, O Valadouro, Alfoz e Trabada.

Terra Chá

  • Cospeito, Vilalba, Meira, As Pontes, Friol e Begonte teñen casos pero con baixa incidencia.
  • Castro de Rei eleva a incidencia ata chegar a 10 casos.
  • Outeiro de Rei e A Pastoriza levan unha semana sen casos novos. Únese Rábade.
  • Sen positivos dende hai máis de quince días están: Muras, Xermade, Abadín, Guitiriz e Pol.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben a 132 (14 máis).
  • Portomarín, Guntín, O Corgo, Palas, Antas de Ulla e As Nogais teñen positivos pero con baixa incidencia. Únese Becerreá.
  • Castroverde leva unha semana sen casos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: Negueira de Muñiz, Baleira, Pedrafita, Baralla, Ribeira de Piquín, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna e Monterroso.

Comarca de Sarria

  • O gromo en Sarria segue sumando. Xa son 73 positivos (3 máis), co concello en alerta alta.
  • Láncara ten casos con incidencia media e Triacastela con alta.
  • Samos, O Páramo, O Incio e Paradela seguen limpos de covid dende fai máis de dúas semanas.

Ribeira Sacra

  • Monforte chega a 10 casos e mantén a incidencia baixa.
  • Carballedo ten a incidencia moi alta.
  • Sober, Quiroga e Pantón teñen casos pero con baixa incidencia. Únese O Saviñao.
  • Chantada continúa con 16 contaxios e con incidencia baixa.
  • Taboada leva sen contaxios novos unha semana.
  • Sen casos en máis de quince días: Ribas de Sil, Bóveda, A Pobra de Brollón e Folgoso do Courel.